extrusión

< lat extrusĭōne
Plural: extrusións
  1. s f IND Proceso de transformación dun material suficientemente plástico, que se obriga a pasar, someténdoo a unha certa presión, por un ou máis canóns ou fileiras aos que se lles dá a forma desexada.
  2. s f XEOG Xurdimento de materiais nunha capa sedimentaria debido a presións tectónicas.