expresivo -va

< expresión
Plural: expresivos Masculino: expresivo Masculino plural: expresivos Feminino: expresiva Feminino plural: expresivas
  1. adx Que manifesta dunha maneira moi viva o que pensa ou sente.
  2. adx Que deixa ver claramente os pensamentos ou afectos de alguén.
  3. adx Relativo ou pertencente á expresión.

Citas

  • A túa irmá sempre foi moi expresiva
  • O seu xesto era moi expresivo, deseguida entendín que debía marchar
  • Regaloulle unha boneca cunha cara moi expresiva