experimental

< experimento
Plural: experimentais
  1. adx Relativo ou pertencente á experiencia ou aos experimentos.
  2. adx Que se fundamenta na experiencia ou nos experimentos.
  3. teatro experimental ESPECT Corrente teatral anovadora e transformadora que se caracteriza pola procura de novos elementos de significación, polo desenvolvemento de novos procesos creativos e pola exploración de novos medios de expresión, comunicación e recepción.

Citas

  • Realizou un estudio experimental sobre a seguridade no traballo
  • Traballan nun plan experimental de loita contra os incendios