expansión

< lat expansĭōne
Plural: expansións
    1. s f FÍS Aumento do volume que experimenta un fluído ao diminuír a presión que soporta.
    2. s f TECNOL Aumento de volume que acompaña a combustión, no terceiro tempo do ciclo dun motor de combustión interna.
    3. expansión do Universo ASTRON Hipótese dunha expansión evolutiva do Universo, que se sustenta pola observación da recesión das galaxias.
    4. expansión dos fondos oceánicos XEOL Aumento da superficie dos fondos oceánicos pola saída de materiais magmáticos profundos a través das dorsais oceánicas, que se incorpora á codia oceánica.
  1. s f Manifestación ou exteriorización dalgún sentimento ou pensamento íntimo.
  2. s f Actividade de recreo ou distracción.
  3. ECON
    1. s f Fase do ciclo económico caracterizada pola tendencia alcista dos prezos, investimentos, emprego, renda e consumo.
    2. expansión comercial Crecemento da actividade económica dunha empresa grazas a unha maior diversificación da gama de produtos e dos servizos que ofrece.

Citas

  • Na festa tivo un momento de expansión de alegría
  • Necesita un pouco de expansión para relaxarse