expandir

< lat expandĕre
  1. v t Facer que algo se estenda e ocupe máis espazo.
  2. v t Facer que algo aumente de volume ou se dilate.
  3. v t Facer que algo chegue a máis xente ou a máis lugares.
  4. v pron Ir a máis ou ocupar algo máis espazo.
  5. v pron Aumentar de volume algo.
  6. v pron Chegar algo a máis xente ou a máis lugares.

Sinónimos

Citas

  • A calor expandiu o gas contido no globo e acabou por estoupar
  • É bo que se expanda que logo xa terá moito que traballar
  • En pouco tempo a nova expandiuse pola vila
  • Expandiron as axudas a todas as familias numerosas, O líder dese partido expandiu as súas ideas por todo o país
  • Expandiuse contándome todos os problemas que tiña
  • O deserto expándese a moita velocidade, A poboación do campo expandiuse cara ás cidades
  • O incendio non cesaba porque o vento expandía o lume, Expandiron a zona de lecer cara ao sur da cidade
  • Os gases, ao aumentar de temperatura, expándense
Verbo: expandir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expando

expandes

expande

expandimos

expandides

expanden

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expandía

expandías

expandía

expandiamos

expandiades

expandían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expandín

expandiches

expandiu

expandimos

expandistes

expandiron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expandira

expandiras

expandira

expandiramos

expandirades

expandiran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expandirei

expandirás

expandirá

expandiremos

expandiredes

expandirán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expandiría

expandirías

expandiría

expandiriamos

expandiriades

expandirían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expanda

expandas

expanda

expandamos

expandades

expandan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expandise

expandises

expandise

expandisemos

expandisedes

expandisen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expandir

expandires

expandir

expandirmos

expandirdes

expandiren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

expande

-

-

expandide

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

expandir

expandires

expandir

expandirmos

expandirdes

expandiren

Xerundio

expandindo

Participio

expandido

expandida

expandidos

expandidas