aliteración

< lat ad ‘a’ + littĕra ‘letra’
Plural: aliteracións
  1. s f LIT Repetición dos mesmos sons, a miúdo ao comezo de dúas ou máis palabras consecutivas ou situadas en curtos intervalos máis ou menos regulares. Ex: Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da gavilla, Vítor Vaqueiro).

Citas

  • Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da gavilla, Vítor Vaqueiro ).