exclamación

< lat exclamatĭōne
Plural: exclamacións
  1. s f Enunciado que expresa unha forte emoción ou un xuízo afectivo e que pode non ter a estrutura dunha oración completa e reducirse a unha sinxela interxección.
  2. s f LING Signo de puntuación (!) que se emprega para intentar representar a entoación marcada que acompaña a modalización exclamativa e, ás veces, a desiderativa e a imperativa. OBS: É de uso obrigatorio ao final do enunciado, pero tamén se poderá usar ao inicio (¡)  para facilitar a lectura e evitar ambigüidades.

Sinónimos