exame

< lat exāmen
Plural: exames
    1. s m Acción de pescudar ou observar atenta e minuciosamente algo ou alguén para coñecer as súas calidades ou o seu estado.
    2. exame de conciencia Consideración que se fai das propias accións para discernir se son boas ou malas á luz dunha moral establecida ou convencional, principalmente relixiosa.
    3. exame de testemuñas DER Dilixencia xudicial que consiste en tomarlles declaración ás persoas que, sen ser parte interesada no caso, coñecen e poden dar testemuño sobre os feitos controvertidos.
    4. libre exame RELIX Interpretación de carácter persoal das doutrinas cristiás, tomando como única referencia o texto da Biblia e descartando a autoridade da Igrexa.
  1. s m Proba ou conxunto de probas, escritas ou orais, ás que se somete unha persoa para poder demostrar a súa aptitude para desempeñar un cargo ou actividade, ou para obter un grao ou avanzar nos estudos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Citas

  • É necesario facer un exame da situación para descubrir os problemas