euglenófito -ta

Plural: euglenófitos Masculino: euglenófito Masculino plural: euglenófitos Feminino: euglenófita Feminino plural: euglenófitas
  1. adx Relativo ou pertencente ás euglenófitas.
  2. s f PROTISTA Alga da división das euglenófitas.
  3. s f pl PROTISTA División de algas unicelulares de forma fusiforme, piriforme e flaxelados. Teñen un estigma constituído por gotas de lípidos de cor alaranxada que é fotosensible; tamén adoita ser visible un núcleo de gran tamaño, disposto no polo oposto ao dos flaxelos.