smFÍSSubstancia fluída, invisible, de existencia hipotética, que se supoñía en repouso absoluto e que penetraba toda a materia existente e todo o espazo. A teoría do éter mantívose vixente ata o s XIX, pero foi substituída pola teoría da relatividade.
QUÍM
smSubstancia orgánica que se caracteriza pola presenza do grupo funcional –O–, onde un átomo de osíxeno está unido a dous radicais hidrocarbonados.
éter coroaÉter cíclico que contén múltiples funcións éter e que ten importancia como catalizador.
éter dimetílico [C 2 H 6 O]Gas inflamable e incoloro que se emprega como refrixerante, disolvente, axente de extracción ou medio de reacción.
éter etílico/dietílico [C 4 H 10 O]Líquido incoloro, volátil e inflamable, que se emprega como disolvente de substancias orgánicas.