etapa

< fr étape
Plural: etapas
  1. s f Traxecto de camiño que percorre alguén entre dous puntos.
  2. s f Cada unha das distintas fases ou períodos en que se desenvolve unha acción ou un proceso.
  3. s f BÉL
    1. Localidade ou lugar en que se deteñen as tropas en marcha para pasar a noite.
    2. Distancia que percorren as tropas entre cada un dos lugares de parada.
  4. s f DEP Cada unha das partes en que se subdivide unha carreira de gran distancia.
  5. s f TECNOL Cada un dos circuítos dun aparato, formados por un tubo electrónico ou un transistor e polos elementos correspondentes de alimentación.

Citas

  • A última etapa da viaxe pola montaña resultou dificultosa
  • Non quero recordar a miña etapa de estudiante

Palabras veciñas