estudo

Plural: estudos
  1. s m Acción de estudar.
  2. s m pl
    1. Conxunto de cousas ou aspectos que se estudan dunha materia.
    2. Conxunto de materias que se estudan nunha determinada especialidade ou nivel.
  3. s m Coñecemento ou experiencia nunha ciencia, arte ou profesión, que se adquire mediante o estudo ou os exercicios prácticos.
  4. s m Obra ou traballo en que se estuda un asunto determinado.
  5. s m Representación gráfica ou escultórica que se realiza como exercicio ou ensaio antes da obra definitiva.
  6. s m MÚS Peza musical concibida para destacar o dominio técnico dun instrumento ou da voz.
  7. estudo de impacto ambiental XEOG Estudo técnico que se destina a predicir, identificar, valorar e corrixir os efectos ambientais que determinadas accións poidan causar sobre a calidade de vida do home e do medio natural.
  8. estudo do desprazamento ao vermello ASTRON Sistema de medición directa da velocidade de afastamento das galaxias.
  9. estudos de liña de base XEOG Consiste nun diagnóstico situacional para determinar as condicións ambientais dunha área xeográfica antes de executarse o proxecto.