estroncio

< estronciana
Plural: estroncios
  1. s m QUÍM Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, grupo IIA da táboa periódica entre o calcio e o bario, de número atómico 38 e peso atómico 87,62.
  2. bromuro de estroncio QUÍM Substancia cristalina e delicuescente que se emprega como sedante e antiepiléptico.
  3. nitrato de estroncio QUÍM Sólido en forma de pos incoloros que se emprega, mesturado con outros aditivos, en pirotecnia, para producir luz vermella.
  4. óxido de estroncio QUÍM Substancia que se presenta en forma dunha masa cáustica e porosa, e se emprega para refinar o xofre.