estrobo

< lat v *strophu, de struppu gr στρό ϕ ος ‘lazo, corda, volta’
Plural: estrobos
  1. s m MAR Anel formado por un anaco de cabo encapelado ao tolete dunha embarcación que serve para suxeitar o remo.
  2. s m Lazo que vai no centro do xugo dos bois e que serve para suxeitalo ao temón do carro ou do arado por medio da chavella.
  3. s m Aro ou lazo feito dunha corda ou dunha póla verde retorta que suxeita a cancela ao posto en que se apoia para xirar.
  4. s m Pau ou madeiro en que descansan diferentes obxectos ou pezas.
  5. s m Lazo de corda ou de varas que se emprega para suxeitar ou amarrar distintos aparellos.

Sinónimos