estrixiforme

< lat estríxido + -forme
Plural: estrixiformes
  1. adx Relativo ou pertencente aos estrixiformes.
  2. s m ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos estrixiformes.
  3. s m pl ANIMAL/ORNIT Orde de aves que se caracteriza por presentar adaptación á depredación nocturna, xa que pode ver as presas a baixas intensidades lumínicas e pescozos moi flexibles, que lles permiten rotar a cabeza 270°. Para anular calquera son, as plumas de voo teñen o bordo posterior cunha extremidade pilosa. Os oídos localízanse en disposición asimétrica, co que identifican mellor a dirección e a distancia.

Palabras veciñas