estreito -ta

< lat strictu
Plural: estreitos Masculino: estreito Masculino plural: estreitos Feminino: estreita Feminino plural: estreitas
  1. adx Que ten pouca ou menos largura do que se considera normal ou adecuado.
  2. adx Que aperta ou cingue moito aquilo que arrodea.
  3. adx Que ten carácter íntimo ou é moi próximo, especialmente referido á amizade, ao parentesco ou a outro tipo de relación.
  4. adx Que se caracteriza pola súa rixidez nas ideas e principios.
  5. s m XEOG Paso que ten como función comunicar dúas masas de auga.

Citas

  • A súa mente estreita non lle permite entender a miña postura
  • Anchearon as rúas porque eran moi estreitas
  • Manteñen unha amizade moi estreita desde que se coñeceron no colexio
  • Tanto a blusa como a saia sonche moi estreitas