estranxeirismo

< estranxeiro
Plural: estranxeirismos
  1. s m Afección aos costumes estranxeiros.
  2. s m LING Palabra que se colle dunha lingua estranxeira, mantense a súa grafía orixinal, pero adáptase a súa pronuncia ás estruturas fonéticas da lingua receptora.