estrado

< lat stratu
Plural: estrados
  1. s m
    1. Estrutura plana construída por riba do nivel do pavimento ou do chan dunha estancia, de xeito que quede máis elevada e se empregue en actos solemnes e cerimoniais.
    2. Sala dun tribunal de xustiza.
  2. s m
    1. Armazón, polo xeral de madeira, sobre o que se pisa ou se asenta ou coloca algo.
    2. Conxunto de táboas que forman o chan do carro.
    3. Armazón de paus ou madeiros sobre os que se asenta o palleiro.
    4. Capa de toxo, fentos e palla que serve para estrar a corte dos animais e que se utiliza como esterco.
    5. Conxunto de pedras que forman o chan do forno.
    6. Mesa ou mobiliario similar sobre o que se poñen os bolos da fornada.
  3. s m Saba de liño que se facía antigamente.

Sinónimos