estómago

< lat stomăchu gr στόμαχο
Plural: estómagos
  1. s m ANAT Porción máis dilatada do tubo dixestivo, onde ten lugar a quimificación dos alimentos, e que se caracteriza por posuír células produtoras de moco que o protexen da súa propia secreción e dos encimas dixestivos que producen as súas glándulas, e por transformar os alimentos en quimo.
  2. s m Parte exterior do abdome que se corresponde coa situación do órgano do estómago.
  3. s m col Capacidade para aturar ou soportar cousas desagradables.

Confrontacións

Citas

  • Di que ten tanto estómago de beber moita cervexa
  • Hai que ter moito estómago para comer alí, Non teño estómago para ver esa película tan violenta