estigma

< lat stigma gr στίγμα ‘picadura’
Plural: estigmas
  1. s m Sinal ou marca no corpo, xeralmente indeleble.
  2. s m Marca feita no corpo cun ferro candente que antigamente se lles poñía aos delincuentes ou aos escravos.
  3. s m Motivo de deshonra ou mancha na reputación de alguén.
  4. s m RELIX Sinal que aparece milagrosamente no corpo dunha persoa, semellante ás aparecidas no corpo de Xesús Cristo durante a súa paixón.
  5. s m PAT Síntoma ou signo morboso persistente, característico dunha determinada enfermidade.
  6. s m BOT
    1. Parte apical do carpelo encargada de recibir o pole.
    2. Mancha ocular, de cor laranxa viva que presentan moitas algas euglenófitas.
  7. s m ENTOM Cada un dos orificios respiratorios dos arácnidos, dos insectos e dos miriápodos.

Citas

  • Levou sempre o estigma dos crimes perpetrados pola súa familia
  • Ten na cara estigmas da varíola