estertor

< lat stertĕre ‘roncar’
Plural: estertores
  1. s m Respiración rouca e angustiosa propia dos moribundos.
  2. s m PAT Ruído anormal que se detecta na auscultación torácica de enfermos pulmonares.
  3. s m fig Últimas manifestacións de algo que está a piques de extinguirse.

Citas

  • Aquelas revoltas producíronse xa nos estertores da dictadura

Palabras veciñas