estereotipo

< estereotipia
Plural: estereotipos
  1. s m GRÁF Prancha de metal tipográfica obtida cun molde, que é a prancha dunha ou máis planas compostas por caracteres móbiles.
  2. s m SOCIOL Idea, modelo ou imaxe aceptada comunmente por un grupo ou sociedade con carácter fixo e inmutable e que se obtén a partir das normas ou dos patróns culturais previamente establecidos.
  3. s m ESPECT Concepción tópica, banal ou estática dun personaxe, dun conflito ou dunha acción, que desembocan no tipismo, na trivialización ou na repetición.

Confrontacións