algonquino -na

Plural: algonquinos Masculino: algonquino Masculino plural: algonquinos Feminino: algonquina Feminino plural: algonquinas
  1. adx ETN Relativo ou pertencente aos algonquinos ou á súa lingua.
  2. s ETN Individuo dalgunha das diversas tribos algonquinas.
  3. s m pl ETN Conxunto de tribos amerindias que se espallaron, a partir da zona que circunda a baía de Hudson, por América do Norte; na actualidade localízanse ao L de Otawa (Canadá) e nalgúns territorios dispersos de EE UU.
  4. s m LING Familia de linguas amerindias da póla setentrional, moitas delas en vías de extinción. Forman parte desta familia o cree, o cheyenne, creek-seminole e o arapaho.