estática

< gr στατικ ή ἐ πιστ ή μη ‘ciencia do movemento’
Plural: estáticas
  1. FÍS
    1. s f Rama da mecánica que estuda as condicións de equilibrio para que o corpo sobre o que actúa se manteña en repouso ou en movemento uniforme.
    2. estática de fluídos hidrostática.
    3. estática gráfica Método para resolver problemas sobre o equilibrio e a distribución de forzas, cargas, tensións ou momentos aplicados a un sólido, por medio de gráficos exactos.
  2. estática económica ECON Método de análise económica que ten por obxecto o estudo das variables económicas nunha posición determinada, xeralmente considerada de equilibrio.
  3. estática química QUÍM Parte da química que estuda os estados de equilibrio ao que tenden os sistemas que experimentan unha reacción reversible.