estampaxe

< estampar
Plural: estampaxes
  1. s f Acción e efecto de estampar.
  2. s f TÉXT Acción de aplicar a un material téxtil branco ou tinxido liso unhas pastas colorantes formando un debuxo.
  3. s f IND Conxunto de operacións ás que se somete unha prancha ou lámina metálica co fin de obter un obxecto cunha forma xeométrica determinada.
  4. s f TECNOL Operacións realizadas sobre un soporte para que a imaxe que contén poida imprimirse en papel tantas veces como sexa necesario.