smGrupo social homoxéneo en función da súa profesión, clase social ou estilo de vida.
HIST
smGrupo social do Antigo Réxime, cunha mesma situación xurídica, que os facía partícipes ou non dunha serie de privilexios, os privilexiados eran o nobiliario e o eclesiástico, e o non privilexiado, o pobo.
smNome que recibían cada un dos estados que concorrían ás Cortes nas Coroas de Castela e Aragón.
estamento de próceresCorpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834, que estaba constituído polos membros da alta nobreza e as persoas designadas polo monarca.
estamento de procuradoresCorpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834. Os seus membros escollíanse por sufraxio censatario e só tiñan dereito de deliberación e petición.
Citas
O estamento eclesiástico criticou a medida do goberno