esquí

< fr ski
Plural: esquemas
  1. s m Cada unha das táboas, rematadas pola parte dianteira en punta curvada cara a arriba, que se suxeitan aos pés e serven para escorregar sobre unha superficie, especialmente a neve ou a auga.
  2. DEP
    1. s m Deporte que consiste en escorregar pola neve sobre unhas táboas suxeitas aos pés.
    2. esquí alpino Modalidade do esquí que consiste en descender a ladeira dunha montaña por unha pista.
    3. esquí de fondo/nórdico Modalidade do esquí que consiste en cubrir unha distancia nun circuíto de pouca pendente.
    4. saltos de esquí Modalidade do esquí que consiste en escorregar sobre esquís por un trampolín e caer nunha pista de neve.
  3. esquí acuático DEP Disciplina deportiva que consiste en escorregar con un ou cun par de esquís sobre unha superficie acuática remolcado por unha lancha motora.