espléndido -da

< lat splendĭdu
Plural: espléndidos Masculino: espléndido Masculino plural: espléndidos Feminino: espléndida Feminino plural: espléndidas
  1. adx Que causa admiración polo seu brillo e a súa beleza.
  2. adx Que ten ou mostra boas calidades.
  3. adx Que dá o que ten con xenerosidade.

Citas

  • Amañeceu cun sol espléndido
  • Fixo un espléndido negocio comprando esa leira
  • Non sexas tan espléndido porque te podes arruinar