espírito

< lat spirĭtu
Plural: espíritos
  1. FILOS/RELIX
    1. s m Ser inmaterial, simple e substancial, que ten a capacidade de posuírse a si mesmo por medio da autoconsciencia e da libre autodeterminación, e de realizar e comprender valores suprasensibles.
    2. espírito santo Unha das tres persoas do Deus cristián. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
  2. s m Ser inmaterial co que se poñen en contacto certas persoas mediante a práctica do espiritismo.
  3. s m Persoa, considerada en canto á súa cálidade intelectual e humana.
  4. s m Ánimo ou valor para actuar.
  5. s m Inclinación ou disposición cara a algo, como un comportamento ou unha actitude.
  6. s m Conxunto de características ou tendencias esenciais que se poden apreciar nas manifestacións dunha colectividade.
  7. s m Sentido ou intención que subxace a un texto.
  8. s m Substancia volátil que se obtén por destilación.

Citas

  • A súa obra reflicte o espírito romántico da época
  • É unha persoa con moito espírito, Hai que ter espírito para ir pescar con este temporal
  • Explicoulles moi ben a Constitución para que entendesen o seu espírito
  • Foi un dos espíritos precursores do renacer literario
  • Había un espírito de corpo no seu rexemento de infantería
  • Na competición prevaleceu o espírito deportivo,Tiña un grande espírito de loita

Frases feitas

  • 1 Darlle
  • 2 Recuperar algu
  • En espirito. Sen participaci