smSer inmaterial, simple e substancial, que ten a capacidade de posuírse a si mesmo por medio da autoconsciencia e da libre autodeterminación, e de realizar e comprender valores suprasensibles.
espírito santoUnha das tres persoas do Deus cristián. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
smSer inmaterial co que se poñen en contacto certas persoas mediante a práctica do espiritismo.
smPersoa, considerada en canto á súa cálidade intelectual e humana.
smÁnimo ou valor para actuar.
smInclinación ou disposición cara a algo, como un comportamento ou unha actitude.
smConxunto de características ou tendencias esenciais que se poden apreciar nas manifestacións dunha colectividade.
smSentido ou intención que subxace a un texto.
smSubstancia volátil que se obtén por destilación.
Citas
A súa obra reflicte o espírito romántico da época
É unha persoa con moito espírito, Hai que ter espírito para ir pescar con este temporal
Explicoulles moi ben a Constitución para que entendesen o seu espírito
Foi un dos espíritos precursores do renacer literario
Había un espírito de corpo no seu rexemento de infantería
Na competición prevaleceu o espírito deportivo,Tiña un grande espírito de loita