espinela

< ital spinella
Plural: espinelas
  1. s f MINERAL Óxido de aluminio e magnesio que cristaliza no sistema cúbico en cristais octaédricos. Preséntase tamén, a miúdo, en masas irregulares. É moi coñecida a macla da espinela segundo a cara do octaedro. A cor é moi variable, pero a máis corrente é a vermella.