esperma

< lat sperma gr σπέρμα ‘semente’
Plural: espermas
  1. s m FISIOL Líquido abrancazado moi viscoso que se emite no momento da exaculación, composto polos espermatozoides en suspensión no líquido seminal, que está constituído polas secrecións das distintas glándulas das vías xenitais e principalmente polas das vesículas seminais e da próstata.
  2. esperma de balea QUÍM espermaceti.