espera

< esperar
Plural: esperas
  1. s f Acción de esperar e tempo en que se espera.
  2. s f Capacidade para saber esperar e non se deixar levar pola impaciencia.
  3. s f
    1. Prazo que se sinala ou concede para executar algo ou cumprir cunha obriga.
    2. DER Prórroga que o acredor concede ao debedor para satisfacer unha débeda, unha vez expirado o prazo acordado nun principio

Citas

  • A espera foi longa, Aínda quedan varias horas de espera ata que chegue
  • Ese rapaz non ten espera, ten que ser todo cando el quere