espello

< lat specŭlu
Plural: espellos
  1. s m FÍS Superficie lisa e moi reflectora que, por reflexión dos raios de luz, dá imaxes claras dos obxectos.
    1. s m Obxecto montado cunha superficie lisa que reflicte a imaxe dos obxectos situados fronte a el.
    2. espello frontal MED Espello de superficie cóncava e cunha luz eléctrica no centro que o médico adapta á fronte para realizar as exploracións, principalmente de larinxe e de oído.
    3. espello retrovisor TECNOL Espello de pequenas dimensións que lle permite ao condutor dun vehículo automóbil ver os vehículos que circulan detrás del.
  2. s m Aquilo que reflicte algo que se expresa.
  3. s m Cousa que se toma como modelo ou exemplo.
  4. s m ARQUIT an en forma oval ou circular.
  5. s m INFORM Servidor que contén copia da totalidade ou de parte dos contidos almacenados noutro.
  6. MAR
    1. espello de popa Parte exterior da popa dunha embarcación desde o coroamento ata a bovedilla ou parte arqueada dos baixos de popa.
    2. espello de proa Parte interior dunha embarcación formada pola roda e a última caderna de proa.

Citas

  • A cara é o espello da alma
  • Esa muller é o espello de constancia e superación
  • Regaláronlle un espello de man polo seu aniversario

Refráns

  • Non hai mellor espello có amigo vello.
  • O espello non sabe mentir; aquelo que ve é o que adoita dicir.