espazo

Plural: espazos
  1. s m FILOS Elemento que se representa, en principio, como un baleiro ilimitado, continuo, tridimensional e continente de todos os obxectos sensibles, dentro do que estes poden cambiar de posición.
  2. ASTRON
    1. s m Extensión, fóra da atmosfera terrestre, en que se sitúan os astros.
    2. espazo aéreo Sector da atmosfera comprendido entre a superficie terrestre e o límite practicable pola navegación aérea.
    3. espazo planetario Espazo que contén os planos das órbitas que percorren os planetas arredor do Sol.
    1. s m Porción delimitada da extensión que conteñen todos os corpos existentes.
    2. s m Extensión que ocupa un corpo.
    3. s m XEOG Medio en que se desenvolven os procesos xeográficos; en sentido amplo, a totalidade da superficie terrestre.
    4. espazo vital Espazo necesario para o desenvolvemento dun individuo ou dunha comunidade.
  3. s m
    1. Distancia que existe entre dous corpos ou lugares.
    2. Separación que hai entre as liñas dun texto.
    3. Separación entre as letras ou as palabras que conforman unha liña nun texto.
    4. GRÁF Peza metálica de diversos grosores coa que se separan palabras e letras e se xustifican as liñas.
    5. MÚS Separación existente entre dúas liñas consecutivas do pentagrama.
  4. s m Porción de tempo.
  5. MAT
    1. s m Forma ou estrutura imaxinada loxicamente, á que pertencen todas as figuras que se estudan nunha determinada teoría e onde se realizan todas as operacións ou construcións que nela se desenvolven.
    2. espazo afín Carácter dun conxunto A respecto a un espazo vectorial E, co que se pode definir unha aplicación E×AA tal, que para todo par (•,a), onde • pertence a E e a pertence a A, lle corresponda o elemento •+a de A.
    3. espazo dual Espazo das formas lineais sobre un espazo vectorial.
    4. espazo funcional Conxunto de funcións dotado dunha estrutura topolóxica.
    5. espazo métrico Espazo topolóxico que ten a topoloxía definida por medio dunha distancia.
    6. espazo mostral Conxunto Ω de todos os acontecementos posibles na realización dun experimento aleatorio. OBS: Tamén se denomina de universo.
    7. espazo normado Espazo vectorial dotado dunha norma.
    8. espazo normal Espazo topolóxico en que, dados dous espazos pechados disxuntos, existen dous espazos abertos tamén disxuntos que os conteñen.
    9. espazo topolóxico Conxunto X en que tivo lugar unha topoloxía.
    10. espazo vectorial Grupo abeliano E en que hai definida unha lei de composición externa con elementos dun corpo K, K×EE tal, que ao par (λ,e) lle corresponde o elemento e, e cúmprense as propiedades (λ+μ)eee, λ(e+f)=λef, λ(μe)=(λμ)e, e 1e=e. Os elementos de E chámanse vectores, e os elementos de K, escalares.
    1. s m LIT Marco, ou marcos, en que se desenvolven os acontecementos e que en si mesmo configura o mundo ou mundos literarios en que se sitúa a acción, os personaxes e os conflitos.
    2. espazo escénico ESPECT Concreción escénica do espazo dramático en que viven os personaxes, transcorre a acción e se desenvolven situacións e conflitos.
  6. s m COMUN Programa de radio ou televisión.
  7. FÍS
    1. espazo imaxe Lugar xeométrico das posibles posicións onde se pode formar a imaxe dun obxecto mediante un sistema óptico.
    2. espazo obxecto Lugar xeométrico das posibles posicións onde se pode situar o obxecto dun sistema óptico para podelo observar mediante este sistema.
  8. INFORM
    1. espazo compartido Espazo de disco que un sistema operativo ou unha aplicación utilizan como substitución da memoria adicional.
    2. espazo de almacenamento Cantidade de memoria libre para gardar información dentro dun sistema.
    3. espazo web Capacidade de almacenamento da que se dispón nun servidor de páxinas web para dispoñer nel información consultable a través da Internet.
  9. espazo cuadridimensional/de Minkowski FÍS Espazo cuadridimensional formado polas tres dimensións do espazo ordinario e o tempo, que presenta dunha forma simple a formulación matemática da relatividade especial. OBS: Tamén se denomina espazo-tempo.
  10. espazo de Douglas ANAT Fondo de saco moi profundo que forma o peritoneo.
  11. espazo fásico FÍS Espazo euclidiano de 6N dimensións que ten como coordenadas as tres compoñentes do vector de posición e as tres compoñentes da velocidade de cada unha das N partículas que compoñen un sistema material.
  12. espazo-tempo FÍS espazo cuadrimensional.

Formas incorrectas

espacio