espantallo

< espantar
Plural: espantallos
  1. s m Obxecto, xeralmente con forma de boneco, que se pon nun lugar para espantar os paxaros e evitar así que coman ou estraguen os froitos e as sementes.
  2. s m fig Persoa ridícula, especialmente a que viste de xeito charramangueiro.
  3. s m fig Persoa que estorba.

Citas

  • Anda de espantallo polas noites meténdolle medo á xente, No conto aparecía un espantallo que raptaba os nenos
  • Estás de espantallo polo medio e non me deixas traballar
  • Pareces un espantallo con esa roupa
  • Puxeron un espantallo na cortiña para que os paxaros non lles coman as sementes