esixir

< lat exigĕre
  1. v t
    1. Pedir imperativamente algo en virtude dun dereito que se ten ou se considera ter.
    2. Pedir algo con firmeza a alguén.
  2. v t Facer que unha cousa sexa necesaria ou indispensable.

Citas

  • Este cargo esixe moitas responsabilidades
  • Os donos do piso esixiron o pagamento dos recibos
  • Os traballadores esixiron o cumprimento do seu convenio

Refráns

  • Bota carga alí onde vexas corpo.
  • Home vivo pide o seu.
  • Inda non me deron a carne e xa me piden os ósos.
  • O bo todo o quere bo.
  • O burro sofre a carga, mais non a sobrecarga.
  • Onde non vexas corpo, non botes carga.
  • Onde pago, cago.
  • Onde vexas corpo, bota carga.
  • Onde vexas corpo, mete carga.
  • Un ovo quere sal e fogo e unha culler e todo; e non é máis ca un ovo.
Verbo: esixir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixo

esixes

esixe

esiximos

esixides

esixen

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixía

esixías

esixía

esixiamos

esixiades

esixían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixín

esixiches

esixiu

esiximos

esixistes

esixiron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixira

esixiras

esixira

esixiramos

esixirades

esixiran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixirei

esixirás

esixirá

esixiremos

esixiredes

esixirán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixiría

esixirías

esixiría

esixiriamos

esixiriades

esixirían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixa

esixas

esixa

esixamos

esixades

esixan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixise

esixises

esixise

esixisemos

esixisedes

esixisen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixir

esixires

esixir

esixirmos

esixirdes

esixiren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

esixe

-

-

esixide

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

esixir

esixires

esixir

esixirmos

esixirdes

esixiren

Xerundio

esixindo

Participio

esixido

esixida

esixidos

esixidas