esgotamento

< esgotar
Plural: esgotamentos
  1. s m Acción de esgotar ou esgotarse.
  2. s m PAT
    1. Debilidade gradual dunha ou de diversas funcións, sen lesión, que se producen polo exceso de exercicio.
    2. Perda extrema das forzas.
  3. esgotamento nervioso PSIC Estado de fatiga excesiva producida polo traballo corporal ou intelectual intensivo e prolongado. Caracterízase pola perda de dinamismo, astenia e, con frecuencia, confusión mental.