alfa

Plural: alfas
  1. s m Nome da primeira letra do alfabeto grego (α, A).
  2. s m [ASTRON] Símbolo empregado para designar a estrela máis brillante (ou unha das máis brillantes) dunha constelación.
  3. pref [QUÍM] Forma prefixada co que se designan certas posicións ou configuracións das moléculas, ou certos isómeros.
  4. actividade [FISIOL] α
  5. alfa e omega [RELIX] Segundo o libro da Apocalipse representa a Xesucristo, considerado Principio (alfa) e Fin (omega) da creación.
  6. o alfa e o omega O principio e o fin.
  7. partícula [FÍS] α