sfARQUEOL/MITFigura fabulosa con cara humana, busto de muller, garras de león, ás de aguia, corpo de león ou de can, e cola de león ou de dragón. Tanto a idea da esfinxe como a súa representación plástica naceron no Exipto faraónico.
sfANIMAL/ENTOMLepidóptero da familia dos esfínxidos, de corpo fusiforme e de ás longas e estreitas. Ten vida crepuscular e o seu voo vai acompañado dun ruído xordo por mor do seu rápido movemento de ás.
sfPersoa de carácter enigmático e inescrutable que non deixa adiviñar o seu pensamento.