esferocitose

< esferocito + -ose
Plural: esferocitoses
  1. s f PAT Trastorno en que os eritrocitos adquiren forma de esferocito.
  2. esferocitose hereditaria PAT Enfermidade hereditaria, de carácter dominante, que acostuma manifestarse na infancia, aínda que tamén pode aparecer en idades máis avanzadas, e que se caracteriza por unha anemia hemolítica con ictericia e esplenomegalia.