esfenoide

< gr σ ϕ ηνοειδ ή ς ‘en forma de cuña’
Plural: esfenoides
  1. adx Que ten forma de cuña.
  2. s m ANAT Óso impar, central e simétrico, de forma irregular, que está situado na parte media e inferior do cranio, entre o frontal, o etmoide e o occipital.
  3. s m FÍS Forma cristalina fundamental constituída por un diedro, en que as caras son simétricas con respecto a un eixe binario de simetría bisector e normal na aresta.