esfena

< gr   σ ϕή ν ‘cuña’
Plural: esfenas
  1. s f MINERAL Silicato de titanio e calcio que cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais teñen frecuentemente forma de cuña, con caras ben desenvolvidas, pero tamén se presentan en gránulos ou masas. Presenta maclas de penetración. É de cor normalmente marrón, ás veces amarela, verde ou gris.