demDesigna a cousa ou persoa que se atopa máis cerca do receptor ca do emisor, ou nunha distancia intermedia, nin de proximidade nin de afastamento, do emisor.
demEmprégase para referirse a algo que se acaba de mencionar e non a outro.
demEmprégase con valor despectivo ou distanciador cando acompaña ou substitúe un substantivo.
demExpresa desapego ou desinterese por algo ou alguén. OBS: A forma neutra é iso e non admite variación de número. O demostrativo ese contrae coas preposicións en e de e dá lugar ás formas nese(s), nesa(s), niso, dese(s), desa(s) e diso.