escuma

< lat tardío *scuma xerm *skum
Plural: escumas
  1. s f
    1. QUÍM Dispersión dun gas nun líquido en que a fase dispersa, que é o gas, está pechada nun conxunto de pequenas celas ou burbullas formadas por unha película moi fina de líquido dispersante.
    2. Produto cosmético ou de limpeza que presenta a consistencia da escuma ou se aplica desa forma.
  2. s f Mestura de cuspe e burbullas que se forma na boca dunha persoa ou dun animal.
  3. escuma de mar XEOL Rocha de cor branca e gris clara. Dos seus compoñentes destaca a sepiolita.

Sinónimos

Citas

  • O can correu tanto que logo botaba escuma pola boca, Estaba tan alporizado que lle saía a escuma pola comisura dos labios