escudo

< lat scūtu
Plural: escudos
  1. s m
    1. HIST Arma defensiva consistente nunha lámina de metal, de coiro ou de madeira, que se levaba no brazo esquerdo.
    2. Calquera cousa que protexe ou resgarda.
    3. BÉL Prancha de aceiro montada diante dun canón para protexer os artilleiros.
    4. CONSTR Estrutura metálica móbil de sostemento e protección que se usa na escavación e revestimento de túneles.
    5. ENTOM Peza dorsal do exoesqueleto dalgúns insectos situada no tórax.
    6. ZOOL Parte dorsal da cuncha das tartarugas.
    7. ZOOL Cada unha das escamas ventrais das serpes.
  2. s m BOT Célula periférica do anteridióforo das carofíceas.
  3. s m ORNIT Peteiro dos rálidos e anátidos como os éideres.
  4. s m MAR Peza de madeira, situada na popa dos botes e pequenas embarcacións, que constitúe o respaldo do asento de popa.
  5. s m XEOG Rexión fisiográfica constituída por materiais moi antigos, xeralmente precámbricos, que non experimentaron case dobramento desde unha época moi remota, e que sufriu diversas erosións ata formar grandes penechairas un pouco convexas.
  6. s m
    1. HERÁLD Representación simbólica dunha persoa, familia ou liñaxe, dunha autoridade, de poboacións e países e, por extensión, de corporacións ou entidades.
    2. ARQUIT Motivo decorativo, pintado ou esculpido, en forma de escudo de armas.
  7. ECON/NUMIS
    1. s m Unidade monetaria principal de Portugal (1931-2001).
    2. s m Moeda de ouro cuñada por primeira vez en 1266 por Luís IX de Francia.
    3. s m Moeda de ouro de Castela, introducida por Carlos I en 1535 dentro das cuñaxes feitas para sufragar a expedición a Tunisia.
    4. s m Moeda de prata de Isabel II cuñada entre 1864 e 1868.
    5. escudo caboverdiano Unidade monetaria principal de Cabo Verde.

Sinónimos