escrúpulo

< lat scrupŭlu ‘croio pequeno’
Plural: escrúpulos
  1. s m Dúbida ou temor que ten alguén sobre se unha acción é boa, moral ou xusta.
  2. s m Noxo ou reparo que mostra alguén ao tomar ou tocar algo.
  3. s m Coidado e minuciosidade con que se fai algo.

Confrontacións

Citas

  • Como tiña convidados, puxo a mesa con moito escrúpulo
  • Non bebe do teu vaso porque ten escrúpulo
  • Non ten ningún escrúpulo en non visitar a súa familia, OBS: Úsase normalmente en plural, Xamais tivo escrúpulos para conseguir un traballo