escondidas, ás

< esconder
  1. loc adv Sen ser visto.
  2. loc adv Sen dicir nada.
  3. xogar ás escondidas XOGO Xogo infantil en que varios participantes fan un sorteo para decidir quen vai quedar (apandar) e os que se van agochar. Ao que queda, chamado pandote, tápanselle os ollos e fáiselle poñer de costas ao resto, que van fuxindo cara a un escondedoiro. Se este encontra algún dos seus compañeiros, ocupará o seu sitio, de non ser así continuará el mesmo.