sm plANIMAL/ICTFamilia de peixes bentónicos, da orde dos pleuronectiformes, de corpo moi comprimido e asimétrico, que nadan por ondulación e permanecen a maior parte do tempo enterrados nos fondos mariños. Presentan os dous ollos no lado esquerdo do corpo, a boca no extremo da cabeza e os orificios nasais asimétricos. A liña lateral está presente en ambos lados do corpo e o flanco esquerdo ten unha coloración críptica, mentres que a parte dereita non está pigmentada.