esclerose

< gr σκλ ή ρωσις   ‘endurecemento’
Plural: escleroses
  1. PAT
    1. s f Endurecemento morboso dos tecidos por lesión ou alteración patolóxica.
    2. esclerose cerebral difusa Poliodistrofia progresiva infantil causada por unha dexeneración da cortiza cerebral e unha atrofia importante das circunvalacións cerebrais e da cortiza do cerebelo. É unha enfermidade hereditaria, de transmisión autosómica recesiva. OBS: Tamén se denomina síndrome de Christensen-Krabble ou enfermidade de Alpers.
    3. esclerose lateral amiotrófica Enfermidade da neurona motora que se caracteriza pola asociación dunha síndrome neuroxénica periférica a unha síndrome piramidal.
    4. esclerose lineal Manifestación da esclerodermia que se caracteriza por liñas localizadas de esclerose.
    5. esclerose múltiple/en placas/diseminada Afección crónica do sistema nervioso central que se caracteriza pola aparición de zonas de desmielinización da substancia branca, chamadas placas, que orixina anomalías sensitivas e de control muscular.
    6. esclerose sistemática progresiva Manifestación xeneralizada da esclerodermia.
    7. esclerose tuberosa Enfermidade conxénita, xeralmente hereditaria, transmitida por mecanismo autosómico dominante, aínda que tamén pode ser debida a unha mutación.
  2. s f BOT Endurecemento dalgunhas membranas celulares por engrosamento ou por lignificación.